Venres, 24 de febreiro ás 21:30horasÁLVARO CARMONA
Presenta:
ABECÉ
ABECÉ
En ABECÉ, Álvaro Carmona presenta a súa peculiar visión da vida en orde alfabética, axudado dos seus chistes, cancións, debuxos e ese estilo tan persoal que lle levou a converterse en guionista e colaborador habitual en estudio do programa Buenafuente.
Con máis de 30.000 espectadores desde a súa estrea en setembro do 2011 e habendo actuando en salas como o Teatreneu de Barcelona e no Teatro Compac Gran Vía de Madrid, ABECÉ é, segundo o seu autor, o “único espectáculo de comedia maiúsculo e minúsculo”.
Guionista, cómico e músico, Álvaro Carmona naceu en Sevilla “fai algúns anos”. Cando pasaron outros tantos, foise a Madrid, onde se estableceu como guionista e comezou a interpretar comedia por clubs e salas da capital. En 2009 chegou ao TERRAT como colaborador esporádico e guionista de Buenafuente.
A súa comedia é fina, sinxela e sutil, e acentúaa axudándose de música e artes gráficas. Isto resalta a súa versatilidade e potencia ese sentido do humor tan persoal que lle converteu, en moi pouco tempo, nun dos cómicos máis xenuínos e atractivos do panorama nacional. Achegámosvos o link dalgunhas das súas actuacións no lateshow de Buenafuente:
http://www.youtube.com/watch?v=WrRfEjwMImI&feature=relatedhttp://www.youtube.com/watch?v=2B7270rMI-0&feature=related
VENDA DE ENTRADAS
O DÍA DA ACTUACIÓN:
Despacho de billetes do Auditorio de 19:30 a 21:30horas.
Despacho de billetes do Auditorio de 19:30 a 21:30horas.

