Sábado, 10 de marzo ás 21:00horas.
TEATRO ARTE LIVRE


Presenta:

EVA PERÓN

Roberto Cordovani (mellor actor de Londres, Madrid, Santiago de Compostela), Bruno Portela, Montse Fervenza, Paula Álvarez e Javi Toste en EVA PERÓN, O ESPECTÁCULO

ÚNICA FUNCIÓN EN CANGAS
EN COMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Esta producción gañadora de 3 Premios Compostela de Teatro (hoxe María Casares) estreou na Illa da Madeira percorrendo Lisboa e Vigo, despois viaxará por agunhas cidades Galegas, Portugal, Brasil e Arxentina .
O traballo de Roberto Cordovani foi aclamado mundialmente como Evita na primeira montaxe en 95 e nesta nóva montaxe, o ano pasado.
A obra conquistou os Premios Compostela de Teatro en 3 categorias : mellor decorado, actor protagonista e mellor montaxe pola votación populare recibiu na Arxentina 10 indicacións pola Asociación de Críticos de Buenos Aires

EVA PERÓN, O ESPECTÁCULO
A vida de Eva Perón é partillada aínda hoxe por estudosos e populares que perseguen o traxecto de Eva Duarte, meniña humilde nacida en 1919 en Los Toldos, Arxentina e, que após unha fulgurante carreira de actriz de radio e cinema, se torna Primeira Dama, compañeira e muller do Xeneral Juan Domingo Perón.
A subida e queda de Evita, as paixóns que desencadeou, a forza que transmitiu, a súa posición ao lado dos humildes (os seus “descamisados”), a loita incansábel que trabou cos poderosos, as diferenzas irreconciliábeis que a distanciaba da sociedade arxentina, a súa demarcación dos oligarcas, o case odio que verteu sobre eles, a coraxe a esconder as fraxilidades da doenza, o mundo de xoias e peles por onde arrestou a súa beleza, todo isto marcou una personaxe que acabou por exercer no seu país unha autoridade absoluta.
Amada e exaltada polos pobres, odiada polos políticos e detentores da riqueza, Eva Perón ve reforzado o seu carisma pola máscara que afibela a súa doenza que a xoga para a morte, aos 33 anos. Por detrás da súa fraxilidade, pola obstinación co que defende os seus principios, pola obsesión co que pretende resgardar a súa imaxe, polo soño co que demarca a súa pasaxe e transmite aos mais necesitados o seu amor, Evita é a face dun Peronismo que foi a grande ilusión dunha América sufrida.
A montaxe de “Eva Perón, O Espectáculo” é de grande rigor e ambición. Nela se envolveran e se envolven diversas persoas, empresas e órganos gobernamentais entusiasmados co proxecto.
Recriar o esplendor onde se moveu Eva Perón, marcado polo luxo e requinte. Así, sobre documentos da época, foran recriados 9 figurinos de alta costura para esta personaxe que constitúe un magnífico desfile de moda dos anos 40/50. Procurou se unha certa simboloxía na cor que remite para as tonalidades entre os ocres, marróns, beixes, brancos...tonalidades dunha época dourada mas con trazos de profunda melancolía.
A iluminación remite para o sepia e reforza a unidade da cor dos figurinos.
Corenta e cinco minutos tarda Cordovani a “transforma se” en Eva Perón. Un traballo exemplar que vai do pequeno pormenor facial, à perruca, ao requinte da maquillaxe ao xogo de corpo, à colocación da voz que se vai modificando ao correr do tempo, implacábel, do esplendor à morte.
A banda sonora, importante neste traballo, privilexia un período de contrastes entre variadas tendencias musicais, resaltando os períodos e subliñando o fervor das masas e ante vendo a anticipación da decadencia, reaccións contraditorias, sentimentos latentes mergullados no interior das personaxes.
Así, a través de Bruno Portela, xurdiu a idea de facer a nova montaxe de Eva Perón para 2011 e presentación en xullo de 2012, nos escenarios arxentinos, cando na oportunidade Evita completará 60 anos de falecemento.Eva Perón, O Espectáculo, non procura discutir o fenómeno do Peronismo, nin as liñas dunha ideoloxía. Trata, si, da ascensión e queda de Eva Perón, independentemente dos parámetros partidarios.
O resultado é mais un mergullo na interioridade. É un confronto de emocións, é un lastro de entrega a un ideal, é a obsesión pola defensa dunha imaxe, é a fronteira entre a forza e a fraxilidade, entre a coraxe e a fraqueza.
É mais unha abordaxe ao Mito de Evita. Inquietante na asa da emoción.
Duración do espectáculo: 1 hora e vinte minutos.
+info: www.citartelivre.tk


VENDA DE LOCALIDADES

O mesmo día: Despacho de billetes do Auditorio: de 19:00 a 21:00horas.

Prezo da entrada: 8€.